O entorno do Centro comercial As Termas será o escenario da terceira proba do 17º Circuíto Larsa Corre con Nós

Aumenta progresivamente o número de inscritos para dito circuíto, chegando xa á cifra de 2.623, cunha previsión de preto de 1.200 atletas para esta carreira

Todos os interesados en participar, poden inscribirse aínda ata hoxe ás 23:59 horas

Martes, 14 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A terceira proba do 17º Circuíto Larsa Corre con Nós discorrerá este domingo, 19 de marzo, polo entorno do Centro Comercial As Termas. Esta é a terceira carreira das 6 que engloba dito circuíto ata o mes de xuño. A saída e a meta estarán situadas no aparcadoiro superior destas instalacións comerciais, por onde transcorre a maior parte das probas.

 A entrega de novos dorsais, ou daqueles que aínda non os retiraran, realizarase en Ndorfina Sports, na Praza do Campo Castelo, número 57, en horario comercial. Todos os interesados en participar, poden inscribirse aínda ata hoxe ás 23:50 horas.

 A primeira das probas que se disputará o domingo será a de minibenxamín, os nados entre 2010 e 2011, ás 12:00 horas, que terán que completar un trazado de 400 metros. De seguido, ás 12:10 horas, darase a saída as categorías benxamín e alevín, aos participantes nados entre 2006 e 2009, que percorrerán unha distancia de 1.700 metros. Con saída as 12:20 horas, os infantís e cadetes, é dicir, os nados entre 2002 e 2005, percorrerán 2.335 metros.

 Por último, ás 12:40 horas, dará inicio a proba dos adultos, que terán que facer fronte a unha distancia de 4.670 metros.

Noticias relacionadas