O domingo disputarase unha nova carreira do circuíto Larsa CCNOS

Venres, 18 de febreiro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Este domingo, día 20 de xaneiro, terá lugar a terceira carreira para adultos e cuarta para rapaces, da proba do circuíto Larsa CCNOS, organizado polo Concello de Lugo.

O circuíto establécese pola Avenida de Infanta Elena desde a glorieta de Camiño da Rocha, por Camiño da Rocha, Paseo do Rato ata Paraday de Arriba (inmediacións da glorieta da rúa Monforte).

A organización procederá á entrega de dorsais e chip de todos/as aqueles/as que non o recolleran con anterioridade entre as 11.00 e as 11.30 horas, previo inicio das probas que se disputarán desde as 12.00 horas co seguinte horario e distancias en función das categorías:

MINI: 242 inscritos
12.00 h
400 metros

A: 425 inscritos
12.10 h
800 metros

B: 388 inscritos
12.20 h
1200 metros

C-D: 157 + 118 inscritos
12.30 h
2400 metros

ADULTOS: 1588 inscritos no circuíto
12.40 h
4240 metros

O trazado das probas seguirá sendo o mesmo que o do ano pasado, con zonas de asfalto e terra circulando a carreira polo Paseo do Rato ata a costa da rúa Paradai de Abaix,o que enlaza novamente cos tramos da Avenida Infanta Elena.

Ata o de agora a inscrición é de 2.918 atletas entre rapaces/zas e adultos, sendo a previsión dunha asistencia de 1.300 participantes para esta proba.

Os gañadores da anterior edición foron Carlos Garcia Expósito con 14:08 e Paula Mayobre con 16:00 nunha proba na que participaron 730 adultos nesta proba de 4240 metros.

deportes.lugo.es

Percorrido en pdf

Multimedia

Noticias relacionadas