O domingo 22 remata o prazo para formar parte do programa aos locais comerciais e de hostalaria que queiran colaborar nas festas do San Froilán

Mércores, 18 de setembro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que o próximo domingo 22 de setembro remata o prazo para a realización das aportacións económicas dos empresarios que queiran formar parte do programa das festas do San Froilán 2013. De todas maneiras, todos os empresarios que queiran seguir facendo aportacións a partir desta data non sairán nos programas pero recibirán un oportuno reconocemento público.

Hai que lembrar que había dúas categorías diferenciadas: unha de colaborador para aportacións dun máximo de 500 euros, e nas que se incluirá o logo do establecemento nos programas das festas e outra categoría de patrocinador, para máis de 600 euros, no que ademais do programa tamén se incluira o logo na web do Concello e nas redes sociais. Tamén recibirán unha placa conmemorativa cada colaborador que faga unha aportación mínima de 50 euros.

Noticias relacionadas