O Día de Europa, este mércores, na Praza Maior

O Concello celebra este día con distintas actividades de caracter divulgativo para achegar a realidade europea á cidadanía, en xornada de mañá, ás 12:30 horas, e de tarde, de 18:00 a 20:00 horas

Luns, 07 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través de Europe-Direct Lugo, o centro de información europea da entidade local, celebra o vindeiro mércores, 9 de maio, o Día de Europa con distintas actividades. A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económica, Ana Prieto, destacou que o obxectivo da celebración desta xornada é achegar á cidadanía luguesa a realidade europea, ao tempo que convidou á veciñanza a tomar partido nesta programación, na que se enxalza a importancia da pertenza á Unión Europea.

As actividades arrincarán ás 12:30 horas cun acto institucional, que terá lugar diante do Concello, coa lectura do manifesto conmemorativo, así como o izado da bandeira europea e a interpretación do himno europeo.

 Xa de tarde, dende as 18:00 ás 20:00 horas, baixo o lema Celebrando Europa, haberá unha programación especialmente dedicada aos nenos e nenas de Lugo, con diversos xogos e actividades infantís. Tamén se instalará un photocall e unha mesa informativa sobre os proxectos do Concello financiados con fondos europeos, especialmente a estratexia Edusi, denominada Muramiñae:da Muralla ao Miño, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Audio

Noticias relacionadas