O Día da Bici cautiva en Lugo a 1.300 ciclistas

Lara Méndez e Miguel Fernández saudaron esta mañá aos participantes, que partiron dende a Praza Maior e remataron no centro comercial As Termas

Domingo, 16 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Día da Bici cautiva en Lugo a 1.300 ciclistas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, saudaron esta mañá aos participantes do Día da Bicicleta, no que tomaron parte uns 1.300 ciclistas. O Concello colaborou un ano máis con esta iniciativa que busca concienciar da importancia do uso de medios de transporte respectuosos co medio ambiente, a fin de garantir unha mobilidade sostible. O recorrido en bici, que comezou ao redor das 11:30 horas na Praza Maior, discorreu por Bispo Aguirre, Ronda da Muralla, rúa Vilalba, Ramón Ferreiro, Anxo López Perez, e de novo Ronda da Muralla, cara a Avenida da Coruña, para rematar no centro comercial As Termas.

Multimedia

  • O Día da Bici cautiva en Lugo a 1.300 ciclistas

Noticias relacionadas