O C.P Casás Cadete Feminino de Fútbol Sala visitou o Concello despois de proclamarse campión galego

Venres, 10 de maio de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e outros membros da Corporación Municipal participaron na recepción do C.P. Casás Cadete Feminino de Fútbol Sala recentemente proclamadas Campioas Galegas nesta categoría.

López Orozco, destacou que “ten que servir como exemplo para outras nenas que vexan a vosa traxectoria e poidan coñecer un deporte que aínda é minoritario entre as mulleres e que hai que promocionar”. Ademais, tamén lles lembrou que “os estudos non se poden deixar de lado” e que deben compaxinar as dúas tarefas.

Multimedia

Noticias relacionadas