O concerto de Boyanka Kostova pechou a programación de benvida ao alumnado do Campus Terra, posta en marcha polo Concello e a USC

Mauricio Repetto: “No Goberno de Lara Méndez temos unha aposta clara por reforzar os programas de ocio alternativo para a mocidade para cambiar hábitos como o botellón”.

Máis de 50 mozos e mozas déronse cita na Praza de Santa María para asistir a esta cita musical que se celebrou respetando as medidas de seguridade e o protocolo Covid-19.

O edil destacou a gran acollida da programación Xuventude Activa!, con máis de 600 solicitudes nas primeiras 24 horas.

Xoves, 16 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O concerto de Boyanka Kostova pechou a programación de benvida ao alumnado do Campus Terra, posta en marcha polo Concello e a USC

O edil de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, participou no concerto de Boyanka Kostova, que pechou a programación de benvida ao novo alumnado do Campus Terra, ‘Aterranocampusterra’, posta en marcha polo Concello e a USC. Máis de 50 mozos e mozas déronse cita na Praza de Santa María para asistir a esta cita musical que se celebrou respetando as medidas de seguridade e o protocolo Covid-19. O concelleiro subliñou que “con estas actividades buscamos favorecer a integración do estudantado matriculado este curso na sede universitaria luguesa”.

O programa de actividades promovido polo Concello de Lugo  xunto coa Vicerreitoría de Coordinación da USC desenvolveuse do 13 ao 15 de setembro co obxectivo de conectar a comunidade estudantil cos demais estamentos da cidade, a través da celebración de diversas actividades lúdicas e culturais que permitan a mocidade coñecer as actividades, servizos e espazos que ofrece tanto a cidade como o Campus de Lugo ao alumnado universitario.

Mauricio Repetto lembrou que “dende a área de Xuventude e Deportes estamos traballando para reforzar a programación de actividades e de ocio para a mocidade para ofrecerlles alternativas culturais e de lecer para acadar hábitos máis saudables e loitar tamén contra p botellón”.

Neste senso, lembrou que “recentemente presentábamos a programación que executaremos ata final de ano e que inclúe máis dunha trintena de accións, entre as que se atopan: diferentes obradoiros, masterclass, rutas, etc., cunha gran acollida, pois só nas primeiras 24 horas recibíronse máis de 600 solicitudes”.

Trátase da programación Xuventude Activa! cuxas inscricións continúan abertas e poden realizarse a través do enlace: https://formulario.xuventudelugo.gal/. Mauricio Repetto lembrou que “tamén se manterán as asesorías, tanto psicolóxica, como xurídica e de orientación laboral e académica, así como o servizo de prevención de drogodependencias”.

Multimedia

  • O concerto de Boyanka Kostova pechou a programación de benvida ao alumnado do Campus Terra, posta en marcha polo Concello e a USC

Noticias relacionadas