O Concello xa poderá arranxar con persoal municipal as tuberías de fibrocemento

Luis Álvarez presentou a cabina descontaminante que tivo unha inversión de preto de 12.000 euros e que fará máis rápida a intervención nas averias

Venres, 06 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, presentou esta mañá unha unidade mobil de descontaminación e novo material para reparar as tuberias de fibrocemento que sufren roturas.

O Concello inviste un total de 15.000 euros na adquisición dos medios e equipamentos  precisos para que o persoal municipal poida desenvolver estes traballos con total seguridade e sen poñer en risco a súa saúde, ademais de darlles a formación necesaria para elo. Ademais, mercouse unha cabina de descontaminación que tivo un custe de 11.119 euros.

Luis Álvarez incidiu na importancia desta inversión xa que “permitirá que sexa o propio persoal municipal os que poidan realizar as reparacións en tuberias de fibrocemento dunha maneira máis rápida e segura e non depender de empresas privadas que tiñan a autorización.

Ademais, para que o persoal do Taller de Augas poida facerse cargo dun xeito seguro da manipulación do fibrocemento, son necesarios outros equipamentos algúns deles xa en poder do Concello e outros a punto de ser comprados. Neste sentido, hoxe mesmo, a Xunta de compras do Concello autorizou a adquisión dun aspirador de amianto, por importe de 1.161 euros, e dunha máquina corta tubos, cun custe de 1.243 euros.  Xunto coa compra destes aparellos, foi necesario mercar outros elementos como sacos especiais, sinalización, un líquido para as tuberías ou equipamentos de protección individual consistentes en fundas, guantes e mascarillas.

Por outro lado, o servizo municipal de Prevención de Riscos Laborais ocupouse de que o persoal de Augas recibira a formación para realizar o seu traballo con seguridade. Asi,  impartiuselles formación básica sobre amianto, formación xeral de riscos e, tamén, un curso de prevención de riscos laborais que os acredita como recurso preventivo.

Ademais, o departamento de Prevención de Riscos Laborais ten previsto cumprir a semana que vén o último trámite preciso consistente na entrega na Inspección de Traballo do plan de traballo que se seguirá cando os empregados municipais teñan que realizar operacións de manipulación de fibrocemento, un labor que ata agora era encargado a empresas privadas con cualificación nesta materia.

Noticias relacionadas