O Concello volverá a sacar de inmediato a licitación o contrato da cafetería do Vello Cárcere con rebaixa do canon

Concluíu o prazo de presentación de ofertas sen que se presentase ningunha ao procedemento, que agora volverase a reiniciar

Luns, 18 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que, unha vez concluído o prazo de presentación de ofertas para o contrato de explotación da cafetería do centro sociocultural do Vello Cárcere e dado que non se presentou ningunha, volverase a sacar de inmediato a licitación a prestación do servizo con modificacións nos pregos, referidas á rebaixa do canon a pagar polo adxudicatario. Tamén se admitirán solicitudes de ampliación do horario sempre que neste caso o contratista conte cun servizo de vixilancia para ese horario adicional. Así mesmo, no prego especificarase que é gratis para o adxudicatario o consumo eléctrico e de gas da cafetería.

Noticias relacionadas