O Concello ultima a posta a punto dos Hortos Urbanos dos Paxariños que se entregarán ás e aos seus adxudicatarios neste mes de xuño

As persoas que obtiveron a concesión coñecerán esta mesma tarde cal é a parcela que lles corresponde.

Ademais, disporán no recinto de zonas comúns de aparcamento, unha caseta para apeiros e material, fontes de rega e mesas e bancos de uso público.

A área de Medio Ambiente fomenta a aplicación da agricultura ecolóxica na utilización deste espazo, creado xa no anterior mandato de Lara Méndez.

Venres, 10 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello ultima a posta a punto dos Hortos Urbanos dos Paxariños que se entregarán ás e aos seus adxudicatarios neste mes de xuño

A área de Medio Ambiente, que dirixe o tenente de alcaldesa Miguel Fernández, ultima a posta a punto dos Hortos Urbanos dos Paxariños para poder entregarllos ás e aos seus adxudicatarios este mesmo mes de xuño co fin de que poidan comezar o seu cultivo.

Logo de que estes días pasados procedésemos a acondicionar toda a contorna, retirando a maleza e delimitando axeitadamente as parcelas, esta mesma tarde a vintena de persoas que recibiron a concesión visitarán a zona, acompañados polos técnicos municipais, para coñecer cal será o horto que lles corresponde”, explicou o edil.

O concelleiro lembrou que Medio Ambiente aproveitou unha extensión de máis de 3.000 de zona verde, sita entre a Rolda das Fontiñas e o paseo fluvial do Rato - a carón da barrio do Xuíz -para crear, xa no primeiro mandato de Lara Méndez, un espazo de convivencia social ao redor da labranza individual, no que se configuraron tres decenas de hortos para autoconsumo, de aproximadamente 30 cada un.

A área conta tamén con espazos dotacionais como estacionamentos e unha caseta de madeira para a garda de apeiros de labranza e material de traballo, así como fontes de rega adaptadas á contorna e mesas e bancos de uso público”, sinalou o edil.

Entre as normas de utilización polas que se rexen, cobran especial importancia unha serie de pautas relacionadas coa aplicación de prácticas deagricultura ecolóxica así como o predominiodos cultivos autóctonos, plantas comestibles de tradición hortícola, plantas aromáticas e tamén medicinais.

Noticias relacionadas