O Concello súmase aos actos polo Día Mundial dos Humidais cunha xornada sobre o proxecto Lugo+Biodinámico no colexio de Albeiros

Xoves, 07 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello súmase aos actos polo Día Mundial dos Humidais cunha xornada sobre o proxecto Lugo+Biodinámico no colexio de Albeiros

O Concello de Lugo sumouse aos actos conmemorativos polo Día Mundial dos Humidais, promovido polo Ramsar (o tratado de Nacións Unidas para a protección das áreas húmidas do planeta), organizando este xoves unha xornada informativa no CEIP de Albeiros sobre o proxecto Life Lugo+Biodinámico, que sitúa á cidade na vangarda do desenvolvemento sostible e introduce en Galicia un novo modelo de produción baseado na madeira como elemento estrutural de construción, e en concreto sobre unha das acción incluídas no plan, a recuperación do humidal das Gándaras O Ceao e a súa declaración como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) co fin de mellorar os seus usos sociais e protección ambiental. O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, participou no encontro, ao que acudiron uns 50 alumnos de 5º de Primaria. Foi impartido por profesorado do Campus Terra da USC, unha das entidades colaboradoras neste proxecto que lidera o Concello, xunto coa Deputación e a Universidade Politécnica de Madrid.

Noticias relacionadas