O Concello súmase ao recoñecemento á Escola Politécnica Superior do Campus Terra polo traballo a prol da igualdade

Lara Méndez participou neste acto institucional na Casa do Saber co que a USC conmemorou o Día Internacional da Muller

Martes, 07 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello súmase ao recoñecemento á Escola Politécnica Superior do Campus Terra polo traballo a prol da igualdade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Deputada de Cultura, Pilar García, a vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva, e a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Eva Aguayo, participaron este martes na Casa do Saber acto institucional da USC para conmemorar o Día Internacional da Muller, no que se fixo un recoñecemento á Escola Superior Politécnica pola súa traxectoria a prol da igualdade.

A rexedora lembrou a importancia de que “todos e todas, tanto a cidadanía como as administracións, nos impliquemos para conseguir a tan ansiada igualdade real e efectiva entre as mulleres e os homes, así como que este dereito universal debe ser extensivo a todos os eidos”.

Noticias relacionadas