O Concello sumarase ao proxecto Mentor con dúas Aulas

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo sumarase a primeiros do mes de maio ao proxecto Mentor, a través da firma dun convenio coa Consellería de Educación. Así o anunciou hoxe a Concelleira de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Eva Real.

Mediante este convenio, os lucenses terán a oportunidade de poder formarse en novas tecnoloxías a través dun aula virtual.

Estas aulas están destinadas a persoas maiores de 18 anos que necesiten ampliar, actualizar o comezar coa súa formación en novas tecnoloxías e noutro tipo de formación. Está especialmente deseñado para as persoas con pouco tempo e tamén para colectivos desfavorecidos.

Segundo indicou a Concelleira, o importante deste sistema é que non existe límite de tempo nen datas fixas para os cursos polo que o remate o curso estará en función do tempo investido polo alumno.

A Aula Mentor ofrece un total de 96 cursos de formación no reglada a distancia a través de Internet, divididos en 14 disciplinas ou ámbitos de traballo e tamén estruturados en diferentes niveis para favorecer o proxecto curricular.

O Concello colaborará con esta iniciativa proporcionando as aulas e o material físico necesario para esta aprendizaxe. Así, haberá dúas aulas a disposición dos matriculados, unha delas na Escola para o Emprego, na Avenida da Coruña, e outra no centro Nodus.

Estas aulas estarán totalmente equipadas para favorecer un ensino de calidade, con ordenadores, conexións de última xeración e titores telemáticos, ademais dun administrador.

Os cursos terán un custe de 23 euros mensuais e estarán abertos, unha vez firmado o convenio, para matricularse e comezar en calquera mes, agás en agosto.

Noticias relacionadas