O Concello solicita da Xunta máis de 35.000 euros para a mellora das Escolas Infantís Municipais

Felipe Rivas sinalou “pretendemos actualizar a oferta didáctica nas escolas creando espazos multisensoriais e renovado as dotacións”

As actuacións de mellora previstas polo goberno municipal suporían intervencións e melloras en catro Escolas Infantís Municipais

Venres, 20 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O concello solicita da Xunta máis de 35.000 euros para a mellora das Escolas Infantís Municipais

O edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou sobre a solicitude, feita dende a Área que dirixe, á Xunta de Galiza para á mellora de infraestruturas e equipamento das Escolas Infatíns Municipais. O total do importe solicitado ascende a 35.965 euros. Felipe Rivas sinalou “trátase dunha competencia que debería asumir a propia Xunta, pero ante a súa pasividade o concello oferta este servizo fundamental para a conciliación da vida familiar”.

As axudas foron solicitadas ao amparo da orde do 8/08/2019 da Consellería de Política Social pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestructuras e do equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e se convocan para o ano 2019. A axuda que se solicita á Consellería de Política Social é polo 100 % do orzamento total de gastos dos proxectos que se presentan. O edil nacionalista informou sobre os proxectos previstos e orzamentados para as diferentes Escolas Infantís que se concretan do seguinte xeito:

A) Actuacións na EIM Luís Soto Menor, por un orzamento de 9.673,03 €.:

  • Pavimentación patio: 3.500,32 €.
  • Execución de tronas para 7 postos (aula zona comedor 0-1 ano): 2.135,00 €.
  • Execución porta acceso a patio/xardín: 1.936,43 €.
  • Material para evacuación berces e os correspondentes colchóns: 807,16 €.
  • Espazo multisensorial: 775,81 €.
  • Mesa plegable e soporte parede: 518,31 €.

B) Actuacións na EIM Gregorio Sanz, por un orzamento de 10.253,19 €.:

  • Execución novo armario na lavandería: 693,90 €
  • Obra adaptación taquillas adecuación protocolo de saúde: 855,47 €.
  • Execución de tronas de obra: 3.965,00 €.
  • Creación espazo multisensoria e a súa dotación: 3.558,10 €.
  • 2 portátiles Notebook HP 67 250 6BP 64EA: 1.180,72 €.

C) Actuacións na EIM María Wonenburger por un orzamento de 7.895,48 €.:

  • Pavimentación patio: 3.021,31 €.
  • Espazo multisensorial: 2.764,81 €.
  • Material para evacuación, berces: 1.614,32 €.
  • Proxector EPSON: 495,04 €.

D) Actuacións na EIM Serra de Outes, por un orzamento de 8.144,26 €.:

  • Almacén para xogos / material de psicomotricidade: 2.035,22 €
  • Execución mobilidade de obra: 828,85 €
  • Sillón lactancia: 356,15 €
  • Casa exterior multiactividades: 408,37 €
  • Moble selección material: 210,37 €
  • Espello unidade bebés: 85,06 €
  • Espazo multisensorial: 3.522,25 €
  • Proxector e pantalla EPSON EBX39L: 697,99 €

Audio

  • O edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobre as Escolas Infantís Municipais| Descargar mp3

Noticias relacionadas