O Concello solicita 14.400 euros á Xunta para o acondicionamento do soto da Praza de Abastos

O proxecto foi abordado na Mesa Local de Comercio celebrada hoxe

Esta contía sumarase aos 30.000 euros que o Goberno local consigna nas modificacións de crédito que proporá ao vindeiro Pleno para mellorar a praza e o mercado

Xoves, 22 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello solicita 14.400 euros á Xunta para o acondicionamento do soto da Praza de Abastos

O Concello de Lugo solicitará á Consellería de Economía, Emprego e Industria unha axuda de 14.417 euros para acometer o acondicionamento do soto da Praza de Abastos, dentro da liña de subvencións autonómicas convocadas para a consecución de mercados de excelencia. Este proxecto foi abordado na Mesa Local de Comercio celebrada este xoves no Salón de Plenos baixo a presidencia da Alcaldesa, Lara Méndez, e da Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e coa participación de membros da Corporación local e representantes do sector comercial do municipio.

A contía económica solicitada súmase aos 30.000 euros que o Goberno local consigna nas modificacións de crédito que proporá no vindeiro Pleno para mellorar a Praza de Abastos e o Mercado.

Outros dos asuntos abordados na Mesa Local de Comercio foron proxectos da asociación Lugocentrum, a Federación Galega de Comercio, a Asociación de Mulleres Empresarias e a de Autónomas para dinamizar o sector.

Noticias relacionadas