O Concello sitúa na rúa Lamas de Prado unha nova marquesiña garantindo un espazo cuberto ás persoas usuarias destes servizos públicos

Luns, 09 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello sitúa na rúa Lamas de Prado unha nova marquesiña garantindo un espazo cuberto ás persoas usuarias destes servizos públicos

O Concello de Lugo instalou unha nova marquesiña na rúa Lamas de Prado, coa finalidade de garantir un espazo cuberto a todas ás persoas usuarias do autobús urbano. A obra, realizada cun orzamento de 3.254 euros, situouse no cruce coa rúa Filgueiro. Deste xeito, colocouse unha construción cuberta nunha das catro paradas de autobús urbano que transitan por esta rúa.

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, sinalou que “con este tipo de actuacións tratamos de proporcionarlle aos usuarios e usuarias deste servizo público unha maior comodidade”. Con esta nova obra o Goberno volve pór aos veciños e veciñas no centro da xestión municipal, ben sexa en grandes proxectos ou en actuacións máis pequenas, todas elas co obxecto de mellorar a calidade de vida dos lucenses.

Noticias relacionadas