O Concello selecciona persoal co fin de elaborar unha lista para a cobertura de prazas de técnicos de Xardín de Infancia

O prazo de presentación de instancias, que se realizarán no Rexistro Xeral do Concello, será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación no BOP

Mércores, 17 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello selecciona persoal co fin de elaborar unha lista para a cobertura de prazas de técnicos de Xardín de Infancia

A Xunta de Goberno Local deste mércores aprobou as bases que teñen por obxecto rexer a convocatoria do proceso selectivo co fin de elaborar unha lista para a cobertura interina de prazas de funcionario na categoría de técnico ou técnica en Xardín de Infancia. Tal e como deu a coñecer o voceiro municipal, Miguel Fernández, o anuncio da convocatoria farase público no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. O prazo de presentación de instancias, que se realizarán no Rexistro Xeral do Concello, será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación no BOP. As instancias deberán vir acompañadas de fotocopias compulsadas do DNI, da titulación esixida, da acreditación de estar en posesión do certificado de formación en hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos e da acreditación de ter coñecementos básicos en primeiros auxilios, así como da acreditación da vacinación da rubéola.

Miguel Fernández avanzou que se trata da substitución das prazas de técnicos educadores das escolas infantís municipais, que se convoca dado que se debe completar a lista existente na actualidade.

Padroado Fundación “Rof Codina”

Entre outros asuntos, na sesión deste mércores, a Xunta de Goberno acordou nomear aos representantes municipais no Padroado da Fundación “Rof Codina”, do que formarán parte a Alcaldesa, Lara Méndez, que en caso de ausencia será substituída polo Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro; o edil Manuel López, do Grupo Municipal do Partido Popular, que será substituído polo resto de concelleiros por orde de candidatura, e o edil Santiago Fernández Rocha polo Grupo Municipal Lugonovo, que tamén, en caso de ausencia, será substituído polo resto de concelleiros por orde da candidatura.

Audio

  • Migue Fernández, sobre a cobertura de prazas de técnicos de Xardín de Infancia |Descargar mp3

Noticias relacionadas