O Concello saca a licitación a limpeza das fontes ornamentais

As tarefas de conservación e mantemento, coas que o Concello manterá en boas condicións os espazos públicos da cidade, contribuíndo ao bo ornato de Lugo, afectarán a 8 espazos

O prazo de presentación de ofertas rematará o día 6 de xuño, estando prevista a súa apertura o día 11 de xuño

Martes, 07 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Perfil do Contratante do Concello de Lugo, aloxado na Plataforma de contratación do sector público, vén de publicar a contratación do servizo de limpeza, reparación, mantemento e conservación das fontes ornamentais de Lugo por un período de catro anos, cun valor estimado do contrato duns 309.000 euros. O prazo de presentación de ofertas rematará o día 6 de xuño, estando prevista a súa apertura o día 11 de xuño.

As tarefas de conservación e mantemento, coas que o Concello manterá en boas condicións os espazos públicos da cidade, contribuíndo ao bo ornato de Lugo, afectarán a 8 espazos. Os traballos acometeranse na Fonte da Medusa, na Avenida Garabolos; na Fonte Cibernética –Fonte dos Ranchos-; na Fonte dos Leóns, na Praza de Avilés; na Fonte do Rei, na Praza do Rei; na Fonte de Augas Férreas, na Praza de Augas Férreas; na Fonte das Rás, situada nos Xardíns García Morato; na Fonte da Praza do Campo e na Fonte da Pinguela, na Rinconada do Miño. Neste último caso, o mantemento farase conforme as especificacións que marque e indique a Xunta de Galicia.

A empresa adxudicataria realizará o mantemento preventivo de bombas, de cadros eléctricos, da instalación do alumeado, así como outras operacións, como a inspección do seu estado, a limpeza de vasos, sumidoiros ou rexillas e o baleirado de vasos e paredes, entre outros. Estes labores faranos con periodicidade semanal, quincenal, mensual, trimestral, semestral ou anual, dependendo do tipo de operación.

Noticias relacionadas