O Concello saca a contratación a producción de espectáculos nas prazas Horta do Seminario e de Santa María e no patio do Seminario no San Froilán 2017

A contratación realizarse por lotes. O primeiro, para os espectáculos da Praza Horta do Seminario por 81.070€, o segundo, para a Praza de Santa María, por 77.440€ e o terceiro para o patio do Centro de Servizos Municipais, por 29.040€

Así mesmo, saca a contratación a dotación de catro carpas en Santa María, no patio do Seminario, no Cantiño Nemesio Cobreros e na Praza da Soidade, por 38.720 euros

A entidade local publicará un anuncio no BOP e no Perfil do Contratante. O prazo de presentación de proposicións será de 15 días dende a súa publicación no boletín

Venres, 04 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo saca a contratación a producción integral de espectáculos das festas patronais de San Froilán 2017, organizados polo Concello de Lugo. Tal e como explicou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, dita contratación realizarse por lotes. O primeiro, para os espectáculos da Praza Horta do Seminario por 81.070 euros, o segundo, para a Praza de Santa María, por 77.440 euros, e o terceiro, para o patio do Centro de Servizos Municipais, por 29.040 euros.

Así mesmo, a entidade local saca a contratación a dotación de catro carpas por 38.720 euros, que estarán instaladas na Praza de Santa María, no patio do Seminario, no Cantiño Nemesio Cobreros e na Praza da Soidade. As carpas deberán estar instaladas dende o día 4 ata o día 12 de outubro e todas as estruturas de todos os lotes deberán ser desinstaladas nun prazo non superior a 3 días dende a finalización da súa última utilización. En total, o valor estimado do contrato ascende á cantidade de 226.270 euros.

O Concello publicará un anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia, así como no perfil do contratante, na web www.lugo.gal. O prazo de presentación de proposicións, que debe facerse no Rexistro Xeral do Concello, será de quince días naturais contados dende a publicación do anuncio de licitación no BOP.

Audio

Noticias relacionadas