O Concello repón os elementos deteriorados do parque infantil da praza Aviador Parga Cerezo

Luns, 17 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello repón os elementos deteriorados do parque infantil da praza Aviador Parga Cerezo

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisou este luns os traballos de reparación dos xogos do parque infantil da praza Aviador Parga Cerezo que presentan algún tipo de deficiencia. Estas actuacións enmárcanse no plan de conservación e mantemento das 73 áreas de xogos infantís existentes nos parques, xardíns e zonas verdes públicas municipais da cidade que desenvolve o Concello a través dunha empresa adxudicataria e cun orzamento anual próximo aos 70.000 euros.

A través deste contrato realízanse traballos de inspección, mantemento, reparación e substitución dos elementos e dos xogos infantís, limpeza das áreas de xogos,  reparación e conservación das superficies, solos e pavimentos de seguridade,  mantemento, reparación e pintado dos paneis e carteis indicativos e de información, así como peches perimetrais das áreas e dos elementos dos xogos infantís.

Coa realización destas actuacións, o Concello de Lugo mantén a súa prioridade de investir nas persoas, neste caso nos máis pequenos, posto que, por mor do paso do tempo e das inclemencias meteorolóxicas, é necesario realizar un mantemento preventivo destas instalacións.

Noticias relacionadas