O Concello repartirá mañá 100 castiñeiros máis do souto das Gándaras logo do éxito acadado coa Newsletter Lugo Cidade Viva

O executivo municipal agasallou xa con 450 plantas do bosque urbano lucense ás persoas que se subscribiron ao boletín medioambiental.

Os interesados poderán recollelas na Escola Politécnica Superior (Campus Universitario de Lugo), este lunes, día 8, entre as 18:00 e as 19:00 horas.

A iniciativa pretende fomentar a concienciación cidadá e achegar información sobre as actuacións e propostas locais vencelladas á loita contra o cambio climático.

Domingo, 07 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello repartirá mañá 100 castiñeiros máis do souto das Gándaras logo do éxito acadado coa Newsletter Lugo Cidade Viva

Mañá luns o Concello de Lugo repartirá 100 exemplares máis de castiñeiro, procedentes do bosque urbano das Gándaras, logo do éxito acadado coa iniciativa anterior na que se agasallou con 450 plantas aos primeiros subscritores do Newsletter municipal Lugo Cidade Viva.

As persoas que se interesaron polas árbores foron moitas máis, polo que agora poderán recoller un exemplar. Serán entregados este luns, día 8, ata que se esgoten, no invernadoiro da Escola Politécnica Superior (Campus Universitario de Lugo), entre as 18:00 e as 19:00 horas, a onde as persoas interesadas deberán dirixirse para solicitalo e recollelo

Con este boletín electrónico, o Goberno de Lara Méndez pretende achegar á cidadanía actualidade e información sobre actuacións e propostas de vangarda no ámbito do medio ambiente e a loita contra o cambio climático.

Baixo o título Lugo Cidade Viva, a Newsletter terá unha periodicidade quincenal e abordará cuestións relacionadas coas novas prácticas e políticas de desenvolvemento urbano sostible que se están a executar no municipio de Lugo e no resto de cidades referentes do mundo.

O proxecto conta ademais cunha páxina web a través da cal as e os interesados poderán abonarse ao boletín: http://lugocidadeviva.gal/, e tamén dispón de perfís en Facebook (/lugocidadeviva) e Instagram (@lugocidadeviva) nos que se comparte contido relacionado coa temática medioambiental.

Esta newsletter sumarase ás campañas de concienciación que o Goberno local está a realizar nos centros educativos, con apoio do Campus Terra no marco do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico, para que xa desde a infancia os nenos e nenas de Lugo queiran e protexan o medio natural.

O proxecto LIFE, liderado polo Concello, está cofinanciado ao 80% pola Unión Europea, e nel participan tamén a Deputación de Lugo, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade Politécnica de Madrid.

Noticias relacionadas