O Concello repara unha fenda na Fonte de San Vicente

O Concello cercou, coa estrutura de andamio, a fonte, co obxecto de realizar as obras de restauración deste ben patrimonial. As actuacións, enmarcadas no Plan de Barrios, teñen un orzamento duns 4.500 euros

Xoves, 04 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello repara unha fenda na Fonte de San Vicente

O Concello cercou este xoves, coa estrutura de andamio, a fonte de San Vicente, na Praza do Campo, co obxecto de realizar obras de restauración neste ben patrimonial característico da cidade. As actuacións, enmarcadas no Plan de Barrios, teñen un orzamento duns 4.500 euros.

Trátase dunha intervención na fenda perimetral do fuste da Fonte de San Vicente, que polo paso do tempo se atopa deteriorada, concretamente á altura das insercións dos ferros que servían de soporte para os cántaros, producido pola oxidación das pezas metálicas.

Esta intervención contempla, a grandes rasgos, as seguintes tarefas: unha primeira fase de pegado con adhesivo epoxy da zona danada, para logo aplicar o tratamento dos recheos onde están os ferros no fuste: saneado das zonas fracturadas, limpeza e tratamento de resinas epoxídicas, tratamento do ferro e acabado homoxéneo dos morteiros sintéticos.

Audio

Noticias relacionadas