O Concello repara un treito da beirarrúa de Lamas de Prado e instalará unha varanda, mellorando a seguridade da veciñanza da contorna

Ambas as dúas actuacións, cun orzamento total duns 4.600 euros, responden a peticións veciñais. Ademais, melloran a contorna urbana con elementos que garanten a mobilidade e o tránsito de peóns

Venres, 22 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello repara un treito da beirarrúa de Lamas de Prado e instalará unha varanda, mellorando a seguridade da veciñanza da contorna

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, achegouse ata Lamas de Prado, onde o Concello está realizando a reparación dun treito de beirarrúa. Estas tarefas son necesarias para posteriormente instalar un tramo duns 26 metros de varanda que quedou pendente de colocar no verán pasado, debido a que o pavimento da beirarrúa estaba moi deteriorado e impedía a súa colocación. A varanda servirá de separación debido ao desnivel existente entre a beirarrúa e a finca colidante.

Ambas as dúas actuacións, cun orzamento total duns 4.600 euros,  responden a peticións veciñais. Ademais, melloran a contorna urbana con elementos que garanten a mobilidade e o tránsito de peóns.

Noticias relacionadas