O Concello repara a recollida de augas pluviais nunha zona da rúa Armañá para evitar a entrada de auga nas inmediacións

Manuel Núñez informou destas obras, que consisten na execución de rexillas de fundición, cun orzamento duns 8.000 euros

Luns, 29 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, informou este luns da reparación de urxencia que vai acometer o Concello da recollida de augas pluviais na rúa Armañá, concretamente á altura do número 33. 

A entidade local procederá á execución de rexillas de fundición na contorna de dito edificio, co obxectivo de evitar a entrada de augas polo chanzo do portal, ben nas nas operacións de limpeza viaria ou en episodios de precipitacións intensas. As tarefas, que comezarán de maneira inmediata, terán un prazo de execución de dúas semanas e un orzamento duns 8.000 euros.

Audio

Noticias relacionadas