O Concello repara, por emerxencia, o saneamento de Ramón Montenegro e Carril do Xuízo para evitar a entrada de auga nas inmediacións

As tarefas, moi demandadas pola veciñanza da contorna de Fontiñas, xa arrincaron e contan cun orzamento duns 14.000 euros

Martes, 09 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello repara, por emerxencia, o saneamento de Ramón Montenegro e Carril do Xuízo para evitar a entrada de auga nas inmediacións

O Concello de Lugo acomete, por emerxencia, a reparación do saneamento nas rúas Ramón Montenegro e Carril do Xuízo.

Concretamente, a entidade local realizará unha canalización do saneamento, que parta das proximidades da ubicación da baixante do edificio de Ronda das Fontiñas, 138. Recorrerá uns 30 metros en paralelo á beirarrúa de Ramón Montenegro, recollendo as catro baixantes existentes nese tramo. Disporase tamén de pozos de resalto intermedios.

A partir dese punto, a canalización seguiría baixando polo Carril do Xuízo, percorrendo uns 30 metros, ata chegar á Ronda das Fontiñas, onde entroncará coa rede de saneamento. Por mor da elevada pendente, tamén se disporán varios pozos de resalto. Deste xeito, as auguas que antes vertían á vía pública ou acababan filtrándose a garaxes pasarán á rede de saneamento. Así mesmo, esta canalización pode chegar a conectarse no futuro coa rede de saneamento que vén da parte alta de Ramón Montenegro coa rúa Primavera, servindo como aliviadeiro.

As tarefas, moi demandadas pola veciñanza da contorna de Fontiñas, xa arrincaron e contan cun orzamento duns 14.000 euros.

Multimedia

  • O Concello repara, por emerxencia, o saneamento de Ramón Montenegro e Carril do Xuízo para evitar a entrada de auga nas inmediacións

Noticias relacionadas