O Concello renova a varanda do carril do Xuízo, que dá ao centro de saúde de San Roque, para garantir a seguridade dos viandantes

Manuel Núñez avanzou que se procedeu a endereitar o pasamáns existente, e se traballa na instalación dun novo na parte superior deste mesmo carril

A entidade local instalou outra varanda nas escaleiras da rúa Outono para facilitar a accesibilidade. Trátase de dunhas actuacións moi demandas pola veciñanza e viandantes que a diario se desprazan por esta zona

Xoves, 13 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo renova a varanda do carril Xuízo, que dá ao centro de saúde de San Roque, para garantir a seguridade dos viandantes. Así o anunciou o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, quen avanzou que se procedeu a endereitar o pasamáns existente, e se traballa na instalación un novo na parte superior deste mesmo carril.

Do mesmo xeito, a entidade local instalou outra varanda, duns dous metros, nas escaleiras da rúa Outono para facilitar a accesibilidade. Trátase de dunhas actuacións moi demandas pola veciñanza e viandantes que a diario se desprazan por esta zona.

Audio

  • Manuel Núñez, concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, sobre a renovación da varanda |  Descargar audio

Noticias relacionadas