O Concello renova o mobiliario urbano no barrio da Residencia

A incorporación de novos bancos de madeira responde ás peticións dos veciños, para facilitar o descanso dos viandantes e o recreo en áreas libres da cidade

Sábado, 13 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello renova o mobiliario urbano no barrio da Residencia

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, visitou o barrio da Residencia, onde o Concello renovou o mobiliario urbano, unha actución que dá resposta ás peticións dos veciños. Trátase da colocación de novos bancos de madeira, e coas que o Concello facilita o descanso dos viandantes e o recreo en áreas libres da cidade, segundo anunciou Núñez.

Tal e como manifestaron os veciños deste barrio, esta era unha actuación necesaria, pois este lugar é frecuentado por persoas maiores que a miúdo pasean pola zona. “Esta mellora máis das que estamos acometendo na cidade para mellorar a calidade de vida dos veciños, como o arranxo do colector de saneamento na rúa da Rocha, a colocación de bancos no barrio do Sagrado Corazón, a mellora da zona infantil de Catasol ou a colocación de varandas na rúa Conde para facilitar o tránsito de peóns”, lembrou o edil.

Noticias relacionadas