O Concello reinicia as obras da rúa Soto Freire para facela accesible

Estas tarefas, que requiren o corte total desta rúa, consisten nunha pavimentación máis accesible para facilitar o tránsito das persoas con diversidade funcional

Martes, 18 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello informa de que mañá, 19 de outubro, se reiniciarán os traballos de mellora do pavimento da rúa Soto Freire, enmarcados dentro das obras de rehabilitación do vello cárcere para convertelo nun centro cultural, e que teñen un prazo de execución de dous meses e medio.

 Estas tarefas, que requiren o corte total desta rúa, consisten na pavimentación desta rúa con adoquíns accesibles, de tal xeito que faciliten o tránsito das persoas con diversidade funcional.

Mentres non se reiniciaron as obras, a entidade local tiña habilitado un paso peonil de maneira provisional nesta vía para facilitar o acceso dos veciños pola mesma.

Noticias relacionadas