O Concello recibiu máis de 600 solicitudes para as axudas de adquisición de material escolar de educación infantil

As listas provisionais das axudas, que consisten nun vale desconto por un importe de 80 euros, sairán publicadas en setembro e haberá un prazo de 10 días naturais para alegacións

Martes, 28 de xullo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo recibiu 612 solicitudes para as axudas de adquisición de material escolar de educación infantil para o curso 2015-2016. Trátase dunhas bolsas escolares que teñen por obxecto a concesión de subvencións a familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo para o segundo ciclo de infantil (3 a 5 anos) e para alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

A entidade local destina 36.000 para axudar ás familias con menos recursos a comprar material escolar. Estas axudas municipais consisten nun vale desconto por un importe de 80 euros con destino á compra de libros ou material escolar. Para acceder ás axudas o único criterio é a renda familiar e é necesario que o alumno estea censado en Lugo.

As listas provisionais das axudas para material escolar sairán publicadas en setembro e haberá un prazo de 10 días naturais para alegacións. Os interesados poderán consultar a lista no taboleiro de edictos das oficinas municipais, no 3º andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra e a través do teléfono de atención cidadán 010.

Noticias relacionadas