O Concello recibirá da Xunta a titularidade da Ronda da Muralla e de Monte Faro

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Urbanismo e Voceiro do grupo de Goberno, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe que o Concello manterá una reunión con responsables de Política Territorial da Xunta para o cambio de titularidade de diferentes rúas da cidade.

Así, anunciou a intención do Concello de recibir Monte Faro e a Ronda da Muralla cando rematen as obras. Respecto á rúa San Eufrasio, o voceiro indicou que a súa intención é non recibila até que sexa reformada.

Por outra banda, o Concelleiro comentou algúns dos outros asuntos que figuran no informe da Consellería de Política Territorial que remitiu ao Concello de Lugo. Indicou que haberá que realizar algunhas modificacións no trazado das rúas de titularidade autonómica, “fundamentalmente debido a que foron reformadas e que non terá ningunha repercusión de tipo urbanístico”, dixo.

Ademais, defenderán a calificación de vía colectiva urbana para a ronda leste, contra a denominación que solicitan de variante, “xa que se trata dunha vía que servirá para derivar o tráfico puramente urbán”, explicou. Ademais, engadiu que para o Concello é importante defender a autonomía municipal nestas cuestión e por isto loitarán na reunión que manterá coa Conselleira. Matizou tamén que están abertos a negociar o tipo de protección que se considere oportuno sobre esta vía.

Finalmente, rematou indicando que a queixa da Xunta sobre o desenvolvemento de solo urbanizable deberá ser resolta nos planes de sectorización, que son remitidos tamén a este organismo.

Noticias relacionadas