O Concello recauda máis de 7.400.000 euros co IVTM e o primeiro trimestre do subministro de auga e recollida de lixo

Luns, 06 de xullo de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O pasado 20 de xuño rematou o período voluntario de pago dos recibos do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica e o primeiro trimestre do recibo de auga e recollida de lixo do 2009.

O Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) conta cunha periodicidade anual, afecta a todos os propietarios de vehículos dados de alta no Concello de Lugo que neste ano conta con 1.884 altas máis que no 2008, o que supón un aumento do 1´54 %. A recadación supuxo uns ingresos para o Concello de 4.377.588 euros, 9.462 euros máis que no ano 2008.

Por outra banda, tamén rematou o prazo de pagamento do recibo de subministro de auga e recollida de lixo correspondente ao primeiro trimestre do ano. A recadación foi de 3.114.303 euros, 118.619 euros máis que no último trimestre do 2008.

Desde fai dous anos a cidadanía conta coa Guía do Contribuínte, un manual con información de grande utilidade para os contribuíntes, xa que recolle un calendario estable para o pago dos tributos. Ademais, entre as medidas de modernización da Facenda Local levadas a cabo polo Concello de Lugo nos últimos anos, están a ter moi bos resultados as domiciliacións bancarias dos recibos -como amosa o aumento do imposto de vehículos en máis dun 3%- así como o aumento das entidades bancarias onde facer os pagos e fixar unha data para o cargo do recibo domiciliario. Outra das novidades máis destacable posta en marcha polo equipo de Goberno foi a implantación do pagamento de recibos a través de Internet, da que fixeron uso 492 titulares de vehículos, un 11% máis que en 2008.

Noticias relacionadas