O Concello realiza obras de mellora en camiños do rural en resposta ás peticións veciñais dos orzamentos participativos

As actuacións están a levarse a cabo nas parroquias de Bazar, Pedreda e Recimil por un importe de preto de 35.000 euros

Venres, 11 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello realiza obras de mellora en camiños do rural en resposta ás peticións veciñais dos orzamentos participativos

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, visitou este venres as obras que se están a levar a cabo para mellorar un camiño da parroquia de Bazar. Tamén se realizaron obras en dous camiños de Pedreda e noutros dous de Recimil.

O Concello realiza deste xeito unha inversión de preto de 35.000 euros na mellora destas infraestruturas, coas que se dá resposta ás peticións veciñais nos orzamentos participativos e enmárcanse na decidida aposta do Concello polo rural.

“Estas actuacións súmanse aos traballos de mantemento da rede viaria que está levar a cabo a brigada de obras municipal durante todo o ano”, sinalou Miguel Fernández, quen insistiu en que o Goberno local “defende uns servizos básicos de calidade para todos os lucenses, nos que non haxa cidadáns de primeira e de segunda”.

Noticias relacionadas