O Concello ratifica o éxito dos XII Xogos do Eixo

O Concelleiro de Deportes participou este mércores na reunión da Comisión Técnica Deportiva da entidade transfronteiriza, celebrada en Vila Nova de Gaia

Mércores, 07 de febreiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello ratifica o éxito dos XII Xogos do Eixo

O Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, participou este mércores nunha reunión da Comisión Técnica Deportiva do Eixo Atlántico, celebrada na localidade portuguesa de Vila Nova de Gaia, encontro no que o edil ratificou o éxito dos XII Xogos do Eixo que tiveron lugar o pasado verán en Lugo, Sarria e Monforte.

Deste xeito, Fernández presentou un balance moi positivo do encontro deportivo, en tanto que foi a segunda edición con maior participación da historia dos Xogos, con 1.850 deportistas de 29 concellos -14 de Galicia e 15 de Portugal-, máis de 5.000 asistentes entre participantes e organización e un impacto económico de en torno aos 700.000€.

O Concelleiro de Deportes subliñou a “repercusión económica” dos Xogos e a “promoción da cidade” que levou consigo, o que “apoia un sector estratéxico para nós, como é o turismo”. Os Xogos, engadiu, constitúen “un evento transfronteirizo que transcende o ámbito estritamente deportivo e configúrase como un enriquecedor punto de encontro para dinamizar o interior da Eurorrexión, fomentar o coñecemento mutuo e a interrelación entre dúas culturas irmás, vertebrar o territorio e aproveitar sinerxias cara o desenvolvemento socioeconómico”.

Noticias relacionadas