O Concello publicará o martes a resolución do (Con) trato feito!

Todos os interesados poderán consultar as listas definitivas no BOP, en www.lugo.gal, no taboleiro de anuncios da entidade local e no 010. Haberá un prazo de 10 días naturais para a contratación dos desempregados

Así mesmo, o día 4 de xaneiro celebrarase unha sesión informativa, dirixida ás empresas e asociacións beneficiarias, no Salón de Actos do CEI-NODUS, ás 11:00 horas 

Venres, 30 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello publicará o vindeiro martes, 3 de xaneiro, a resolución do (Con) trato feito!, o primeiro plan de emprego 100% municipal. Todos os interesados poderán consultar as listas definitivas no Boletín Oficial da Provincia (BOP), na páxina web municipal, www.lugo.gal, e no taboleiro de anuncios da entidade local. Así mesmo, pódese consultar no Servizo de Información Cidadá 010.

O prazo de contratación dos desempregados e desempregadas será de 10 días naturais a contar dende o día seguinte á data de publicación, é dicir, dende o martes 4 ao 13 de xaneiro, ambos os dous incluídos. As empresas e asociacións sen ánimo de lucro beneficiarias deberán entregar nese mesmo prazo a documentación de aceptación da subvención e de xustificación da contratación efectuada.

Así mesmo, o día 4 de xaneiro celebrarase unha sesión informativa no Salón de Actos do CEI-NODUS, ás 11:00 horas, relacionada coa execución deste plan. Tamén se darán instruccións e resolveranse as dudas xurdidas ás empresas e colectivos respecto ao mesmo e ás contratacións a realizar.

 (Con) trato feito! está dotado de 1.150.000 euros e contempla dúas liñas de axudas, unha destinada para empresas, dotada con 920.000 euros, e outra para entidades sen ánimo de lucro, duns 230.000 euros. Para a primeira as liñas son subvencionables o 70% dos custos salariais e para a segunda, o 100%. Trátase dun plan que intenta axustar a oferta á demanda real, co que o Concello busca facilitar a empregabilidade de calidade e en boas condicións salariais no municipio.

Máis información no enderezo electrónico contratofeito@concellodelugo.org e no 982-297-648. 

Noticias relacionadas