O Concello publica un libro sobre a historia da construción, as sucesivas reformas e o uso futuro do Cuartel de San Fernando

O profesor Francisco Xabier Louzao, doutor en Historia e Xeografía pola USC, é o autor da obra, O Cuartel de San Fernando de Lugo, que será presentada o vindeiro xoves, ás 20:00 horas, no auditorio do Vello Cárcere  

Luns, 17 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo incorpora ao seu fondo editorial unha obra do profesor Francisco Xabier Louzao Martínez, doutor en Xeografía e Historia pola USC, que relata documentadamente e polo miúdo a historia da construción e as sucesivas reformas do Cuartel de San Fernando mentres cumpriu as súas funcións militares, ademais de abordar o seu uso futuro, dende que ao remate do pasado milenio os grandes cambios organizativos do exército volveron innecesario para el o histórico edificio. O libro O Cuartel de San Fernando de Lugo será presentado o vindeiro xoves, ás 20:00 horas, no auditorio do Vello Cárcere.

Francisco Xabier Louzao é licenciado en Historia da Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago e doutor en Xeografía e Historia pola mesma Universidade, cunha tese sobre pratería sacra da diocese de Lugo, materia sobre a que publicou diversos artigos e libros. É autor de diversos estudos sobre a arquitectura popular galega, e recentemente do libro Historia de la Arquitectura en Galicia: del Neoclasicismo a la Autarquía. Na actualidade, é profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Noticias relacionadas