O Concello publica a listaxe de persoas admitidas nos cursos de verán sobre educación viaria, que arrincan o luns

Todos as persoas interesadas poden consultar a lista no taboleiro de anuncios do PIT, na páxina web do Concello www.lugo.gal e na Xefatura de Tráfico

Mércores, 28 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo vén de publicar a lista de persoas admitidas e excluídas para os cursos deste verán de educación viaria, que arrincarán o vindeiro luns e se desenvolverán ata o 28 de xullo no Parque Infantil de Tráfico. Todos as persoas interesadas poden consultar a lista no taboleiro de anuncios do PIT, na páxina web do Concello www.lugo.gal e na Xefatura de Tráfico.

Trátase duns cursos organizados pola entidade local, xunto á Dirección Xeral de Tráfico, dirixidos a uns 200 nenos e nenas entre os 8 e 14 anos, que busca que os máis pequenos adquiran condutas e comportamentos seguros, tanto como peóns como usuarios do transporte público e privado. Así mesmo aprenderán hábitos correctos e seguros tanto en vías urbanas como interurbanas, situacións de tráfico reais, e a importancia da sinalización vertical e horizontal, dos semáforos e do uso do chaleco reflector, o casco ou o cinturón de seguridade, entre outros.
Estableceranse 7 quendas en función das idades dos cativos e cativas. Un primeiro, un segundo e un terceiro turno para nenos e enas de 8 a 9 anos, e un cuarto e quinto para os pequenos e pequenas de 10 e 11 anos, do 10 ao 14 de xullo e do 17 ao 21 de xullo. Ademais, do 24 ao 31 de xullo haberá un turno para os rapaces de 12, 13 e 14 anos, así como do 17 ao 28 para os que poden empregar ciclomotor.

As actividades desenvolveranse en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 horas, e de tarde, de 18:00 a 20:30 horas, e cada grupo, non superior a 15 alumnos, asitirá ao menos durante unha semana seguida que será asignada previamente, recibindo formación teórica e práctica.

Máis información en www.lugo.gal ou no teléfono de atención cidadá 010.

Noticias relacionadas