O Concello publica as bases para catro prazas de traballador ou traballadora social

Xoves, 07 de agosto de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo celebrada o pasado 16 de xullo, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación de bases e convocatoria do proceso selectivo para o acceso en propiedade a catro prazas de traballador ou traballadora social (unha delas reservada para persoas con discapacidade) no Concello de Lugo.

As bases fixéronse públicas a través dun anuncio de no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e dende ese momento están colgadas tamén na web do Concello: www.lugo.es. Os sucesivos anuncios en relación con este proceso, publicaranse no Taboleiro de Anuncios do Concello.

Noticias relacionadas