O Concello promove a importancia de regalar xoguetes non sexistas

Tras un acordo no Foro de Igualdade,  a entidade local pon en marcha a campaña Este Nadal agasalla en igualdade

A iniciativa céntrase na responsabilidade das familias á hora de comprar os regalos dos máis cativos e inclúe 10 claves para a compra responsable e non sexista de xoguetes

Xoves, 22 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello promove a importancia de regalar xoguetes non sexistas

O Concello de Lugo, tras un acordo do Foro de Participación Cidadá en materia de Igualdade, promove a importancia de regalar xoguetes non sexistas, coa campaña de sensibilización Este Nadal agasalla en igualdade. O obxectivo é concienciar ás familias e promover a igualdade de oportunidades dende idades temperás.

Tal e como subliñou a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, trátase de educar aos nenos e nenas lonxe da idade de escoller xoguetes en función do seu sexo,  e polo tanto, evitar que limiten a súa liberdade.

A iniciativa céntrase na responsabilidade das familias á hora de comprar os regalos dos máis cativos e inclúe 10 claves para a compra responsable e non sexista de xoguetes: que poidan xogar nenas e nenos indistintamente, que evite a transformación de estereotipos sexistas e non fomente a violencia, que facilite poder xogar cos demais e as relacións entre iguais, que non favoreza a rivalidade, que potencie as relacións cooperatvias, que poida xogar calquera nena e non só quen teña habilidades moi específicas, que esperte o desexo de xogar, que desenovla a imaxinación e a creatividade, que estimule a súa curiosidade e que potencie a capacidade de pensar. 

Máis info

Audio

  • Ana González Abelleira, sobre a campaña Este Nadal agasalla en igualdade |Descargar mp3

Noticias relacionadas