O Concello presenta nova programación de animación á lectura e contacontos na Biblioteca Municipal

Mércores, 29 de outubro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, anuncia a nova programación para os próximos meses do ano en animación á lectura e contacontos que se realizan na Biblioteca Municipal.

A través destas actividades foméntase o uso e o gusto pola lectura dende os máis pequenos aos que se lles presentan diferentes historias dunha forma máis atractiva e interactiva. Ademais tamén hai contacontos que fomentan a igualdade de xénero a través de divertidos relatos.

Así, as actividades comezan mañá xoves 30 ás 19:00 horas na Bibliteca Municipal con Contos de medo que deixan durmir de Caxoto, dirixido a nenos e nenas de máis de 4 anos.

O día 13 de novembro ás 19:00 horas terá lugar Contos ao revés de Xanela Ocio, dirixido a nenos e nenas de máis de 3 anos. O día 27 de novembro ás 19:00 horas terá lugar Saponcio e a sapa rebelde de Marisa Irimia, dirixido a nenos e nenas de máis de 4 anos.

O día 4 de decembro ás 19:00 horas terá lugar Queres que cho conte? de Palimoco Teatro, dirixido a nenos e nenas de máis de 3 anos, todos eles na Biblioteca Municipal.

O día 11 de decembro ás 18:00 horas no MIHL terá lugar Bocata Literario con Antonio Reigosa e Noemí López, dirixido a nenos e nenas de máis de 8 anos. O prezo da entrada para esta actividade será de 2 euros.

A entrada ás actividades é gratuíta, pero como o aforo é limitado, é necesario retirar unha tarxeta de invitación na Biblioteca Municipal. As entradas comezarán a entregarse en horario de tarde, dende as 16:30 horas e por estrita orde de chegada. Entregaranse un máximo de dúas invitacións por persoa.

Noticias relacionadas