A área de Deportes pon a disposición as instalacións municipais do Polvorín para a celebración do XII Torneo Nacional de Fútbol – 7.
- Tema
“Unha competición, organizada pola Peña de Árbitros 9’15, que foi pioneira e que logo dunha ducia de edicións xa se ten convertido en todo un referente a nivel estatal grazas ao aumento, ano tras ano, de participantes”, subliñou Miguel Fernández.
O evento, co que o Concello tamén colabora economicamente, terá lugar este sábado, 28 de decembro, respectando o formato de anos anteriores e contando coa participación de equipos procedentes de toda Galicia, do Bierzo, Valladolid e mesmo Palencia.
Previa a xornada do sábado, hoxe venres terá lugar xa no Auditorio de Abanca, a partir das 20:00 horas, unha Charla Coloquio co título “O Deporte Baixo Outro Punto de Vista” no que intervirán, entre outros, os árbitros Xosé Cendán Montero, Guillermo Sandino Leira, Zulema González González ou David Pérez Pallas.
Audio
- Miguel Fernández, sobre o XII Torneo Nacional de Fútbol-7 | Descargar mp3