O Concello plantexa mañá unha mesa redonda no Vello Cárcere sobre a sexualidade na xuventude

Será a partir das 19:00 horas no patio central deste centro sociocultural. A entrada é totalmente de balde

A mesa redonda, moderada por Carmen Basadre, contará coa participación de representantes das asociacións de Lugo Arelas e Sí, hai saída; así como da consultora Pilar Porral e da educadora e sexóloga Jeane Costa

Tamén nesta semana, concretamente o sábado, terá lugar a ruta ao Courel, Pico Catro Cabaleiros, enmarcada na programación do Concello para a mocidade activa. As inscricións están abertas ata xoves, na Casa da Xuventude

Martes, 26 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello plantexa mañá unha mesa redonda no Vello Cárcere sobre a sexualidade na xuventude

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, lembrou a celebración este mércores,  27 de marzo, da mesa redonda que organiza o Concello sobre Xuventude: amor e sexualidade, as nosas relacións. Será a partir das 19:00 horas no patio central do Vello Cárcere. A entrada é totalmente de balde, ata completar a cabida. Este debate enmárcase dentro das mesas redondas sobre mocidade que vén organizando nos últimos meses o Concello de Lugo.

Carmen Basadre, que será a encargada de moderar este debate, convidou aos mozos e mozas luguesas, ás súas familias e á veciñanza a asistir a esta mesa redonda que versa sobre un tema aínda tabú, no que tamén hai que educar en plena igualdade.

Esta mesa redonda contará coa participación de Cristina Palacios, representante da Asociación Arelas de Lugo; Marta Rodríguez, representante do colectivo Sí, hai Saída de Lugo; Pilar Porral, consultora, periodista e docente especializada en igualdade e Jeane Costa, educadora e sexóloga da sexoloxía Atlántica. No debate tamén haberá testemuños en primeira persoa.

Tamén nesta semana, concretamente o sábado, terá lugar a ruta ao Courel, Pico Catro Cabaleiros, enmarcada na programación do Concello para a mocidade activa. Esta viaxe, cunha difucultade media-baixa, e unha lonxitude de 12,5 quilómetros, ten aberta a inscrición ata o xoves, 28 de marzo. A saída será ás 08:00 horas do sábado dende a Casa da Xuventude, onde deben formalizarse as inscricións.

Audio

  • A edil Carmen Basadre sobre a mesa redonda "Xuventude: amor e sexualidade, as nosas relación" | Descargar mp3

Noticias relacionadas