O Concello pecha os parques de Rosalía e da Milagrosa e suspende as actividades no MIHL como precaución ante a previsión de forte vento

Martes, 26 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que ao longo da mañá deste martes quedarán pechados ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro como medida de prevención para garantir a seguridade da cidadanía ante a alerta laranxa por vento decretada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía, que se iniciará ás 18:00 horas e que afectará con rachas de 90 km/h a Lugo centro.

A apertura dos parques realizarase en función da evolución deste fenómeno metereolóxico adverso que afecta a toda a comunidade autónoma, con previsión de que finalizará nas primeiras horas de mañá mércores.

Así mesmo, quedará pechado o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), suspendéndose as actividades previstas para esta tarde nestas instalacións municipais.

Audio

  • Daniel Piñeiro, sobre a previsión de forte vento | Descargar mp3

Noticias relacionadas