O Concello pecha esta tarde os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro pola previsión de fortes rachas de vento

Martes, 13 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que esta tarde, a partir das 18:30 horas, pechará ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta laranxa decretada na zona centro da provincia con motivo da borrasca Gisele, que poderá provocar segundo as previsións fortes rachas de vento de ata 100 quilómetros por hora.

A reapertura de ambos espazos públicos realizarase previsiblemente o xoves, aínda que podería ser antes, dependendo da evolución do fenómeno meteorolóxico adverso que afecta a toda a comunidade autónoma.

Noticias relacionadas