O Concello organiza xornadas de promoción do ciclismo, en resposta aos orzamentos participativos

As actividades están dirixidas a nenos e nenas ata os 12 anos e a inscrición será gratuíta

Venres, 04 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xornadas de promoción do ciclismo

Dende a área de Deportes, o Concello de Lugo segue a dar resposta ás demandas veciñais dos orzamentos participativos. Neste caso, organízanse xornadas de promoción do ciclismo dirixidas a nenos e nenas ata os 12 anos. As actividades, organizadas pola empresa Bike and Run Events, constarán de ginkanas e circuítos de habilidade, obstáculos e velocidade.

As xornadas levaranse a cabo mañá na Praza de Augas Férreas, o sábado 12 de decembro na Praza Agro de Rolo e o sábado 19 de decembro na Praza Cantiño Nemesio Cobrelos, todas elas en horario de 11:00 a 14:00 horas.

Todos os participantes deberán levar a súa bici e casco, e as inscricións faranse in situ e serán gratuítas.

Noticias relacionadas