O Concello organiza este venres un taller orientado a impulsar a creatividade dos mozos

Os interesados neste taller, que terá lugar no CEI-NODUS, poden anotarse ata o xoves ás 14:00 horas no mail norman.veiga@concellodelugo.org

Luns, 25 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello organiza este venres un taller orientado a impulsar a creatividade dos mozos

O Concello de Lugo organiza para o vindeiro venres, 29 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas no CEI-NDOUS, un taller formativo gratutíto dirixido a mozos e mozas, para impulsar a a súa creatividade. Coa organización deste taller, que leva o nome de Lugo IdeasJump!, e que nace ao abeiro das preocupacións da mocidade expostas no Young Lab, a entidade local busca establecer un punto de encontro e un escenario único para que os mozos activen o seu potencial creativo nun entorno lúdico e de aprendizaxe, ao tempo que se desenvolven tanto persoal como profesionalmente.

Todos os interesados en participar este taller, que oferta un total de 20 prazas, poden inscribirse ata o xoves ás 14:00 horas no mail norman.veiga@concellodelugo.org.

Noticias relacionadas