A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, organiza para esta fin de semana dúas excursións.
Mañá, sábado día 16 de maio, celebrase unha xornada sedimentolóxica dentro do programa Lugo pedra a pedra. Esta actividade comezará ás 11 da mañá e está previsto que se prolongue ata as 18 horas.
O itinerario, cunha lonxitude de 16 km, é o seguinte: Ponte romana, Paseo fluvial, Parque Marcos Cela, Parque Rosalía de Castro, Barrio da Mina, Ponte da Chanca, Ribeira do Rato ata a confluencia co Miño.
Para o domingo está prevista unha excursión do programa polas Terras de Auga e Cultura especialmente adicada á antropoloxía e etnografía. Trátase da Ruta Pedras de Lenda: deuses, covas e Mouros.
O percorrido é o seguinte: Lugo, Penas de Rodas, Pena da Moura, Donalbai, Bravos. En total 10 kilómetros de percorrido. Nas Penas de Rodas, ás 15.00 hras, haberá unha actuación do humorista Lois Pérez, que ofrecerá o espectáculo Historias da Curripa: romances, viaxeiros e aparecidos. Esta actuación está organizada pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua coa colaboración da Agadic.
Os participantes na Ruta Pedras de Lenda deberán levar comida e bebida para o xantar. A saída será ás 10.30 do treito peonil da Ronda da Muralla, xunto á porta de Bispo Aguirre.
As inscricións fanse na Oficina Municipal de Turismo ( praza do Campo 11, teléfono 982 251 658 ), ata as 14 horas do día anterior á excursión. O número de participantes está limitado a un máximo de 35 persoas.