O Concello organiza concertos didácticos de jazz e sesións de xadrez, en resposta aos orzamentos participativos

O Círculo das Artes acollerá as audicións de jazz, dirixidas aos escolares de secundaria, do 16 ao 18 de novembro, e os centros de educación infantil e primaria que así o desexen, as sesións de xadrez durante novembro e decembro

Mércores, 11 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cartel Pre-xadrez na escola

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, avanzou este mércores a celebración de concertos didácticos de jazz, dirixidos aos escolares de secundaria, que organiza o Concello do 16 ao 18 de novembro no Círculo das Artes, en resposta ás peticións nos Orzamentos Participativos. “Coa organización destas actividades seguimos a dar resposta ás demandas que nos fixeron os veciños e veciñas nos Orzamentos Participativos”, subliñou Piñeiro. Deste xeito, o Concello continúa a executar os 59 proxectos solicitados polos lucenses, que contan cunha dotación económIca de 500.000 euros.

Piñeiro subliñou a importancia deste tipo de actividades “que facilitan aos máis cativos, de maneira máis amena e ilustrativa, a comprensión do jazz como lenguaxe”.

Programa Pre-xadrez

O Concello tamén organiza sesións de xadrez nas aulas no horario lectivo dos centros de educación infantil e primaria durante os meses de novembro e decembro. Con estas sesións, cunha duración de 40 ou 50 minutos, a entidade local persegue divulgar os movementos e reglas básicas do xadrez, “unha práctica que reporta melloras nas capacidades cognitivas dos asiduos a este deporte que estimula a mente”, tal e como o definiu Piñeiro.

Os centros interesados nestas actividades deberán enviar a ficha de inscrición, que se pode descargar da páxina web do Concello www.lugo.gal ao servizo de educación da área de Concello e Cidadanía.

Máis info

 

Noticias relacionadas