O Concello optimiza o funcionamento do tanque de tormentas da Garaballa con melloras tecnolóxicas

Ademais da limpeza a fondo do pozo, procederase á mellora da automatización e á telexestión da instalación, equiparando deste xeito as súas dotacións ás do resto de tanques da rede municipal

Martes, 28 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, vén de asinar o decreto de adxudicación dun contrato menor por valor de 16.502,39€ co fin de optimizar o funcionamento do tanque de tormentas da Garaballa a través da súa limpeza a fondo e a implementación de melloras tecnolóxicas, relativas á súa automatización e telexestión, co cal se equipararán as dotacións técnicas desta infraestrutura ás do resto dos pozos de tormentas da rede municipal.

Tras a evacuación da práctica totalidade de auga almacenada no estanque, dentro das revisións periódicas e mantemento que vén facendo o Concello, detectouse por parte dos técnicos que no fondo da cámara hai abundante fango sedimentado e residuos, que poden provocar a obstrucción das bombas, polo que é preciso realizar unha limpeza a fondo. Así mesmo, apreciouse a necesidade de mellorar a automatización, instalando unha estación remota de telecontrol que controlará o bombeo, a comporta de entrada ao bombeo e os volquetes de limpeza. Os datos e as incidencias enviaranse ao posto central vía GPRS a o posto central existente na EDAR. Deste xeito, cancélase o autómata actual e será a nova estación remota a que xestione toda a instalación.

Noticias relacionadas