O Concello ofrecerá mañá unha charla gratuíta a familias e docentes sobre o uso das novas tecnoloxías sen riscos en adolescentes

Será no auditorio do Vello Cárcere a partir das 19:00 horas. A asistentencia é de balde pero é preciso inscribirse a través do 010

Ana Abelleira puxo en valor esta iniciativa, que advirte da importancia dun bo uso das novas tecnoloxías entre os menores, que son vítimas de un de cada catro delitos informáticos

Trátase dunha xornada, impartida por Jorge Flores, coa que se busca dar a coñecer como viven as e os adolescentes a súa vida dixital, identificar cales son os retos e as estratexias preventivas, así como pór en valor e potenciar as oportunidades que brinda a actual sociedade conectada a internet

Martes, 12 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello ofrecerá mañá unha charla gratuíta a familias e docentes sobre o uso das novas tecnoloxías sen riscos en adolescentes

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana González Abelleira, ten preparada para mañá unha charla gratuíta, dirixida principalmente a familias e docentes, sobre o uso das novas tecnoloxías dixitais, principalmente internet, móbiles e redes sociais, sen riscos en adolescentes. Será no auditorio do Vello Cárcere a partir das 19:00 horas. A asistentencia é de balde pero é preciso inscribirse a través do Servizo de Información Municipal 010.

Trátase dunha xornada, impartida por Jorge Flores Fernández, licenciado en informática e autor de varias publicacións e materiais didácticos relacionados co usos seguro das TIC, coa que se busca dar a coñecer como viven as e os adolescentes a súa vida dixital, identificar cales son os retos e as estratexias preventivas, así como pór en valor e potenciar as oportunidades que brinda a actual sociedade conectada a internet.

Ana Abelleira puxo en valor esta iniciativa, organizada pola entidade local xunto ao colectivo Pantallas Amigas, que advirte a nais e pais, docentes e profesionais que traballan con mozos e mozas no ámbitoe da educación, da saúde ou da acción social da importancia dun bo uso das novas tecnoloxías entre os menores, que son vítimas de un de cada catro delitos informáticos.

En concreto, abordaranse os seguintes aspectos: intenet, riscos e oportundiades para nenos e nenas e adolescentes, clasificación dos riscos, uso das principais redes sociais, contidos nocivos como o ciberacoso, ciberbullyng, sextorsión, revenge porn ou ciberviolencia de xénero, así como a detección de problemas ergonómicos e psicosociais derivados dun uso abusivo das redes, a privacidade no móbil, os videoxogos, as medidas a tomar no fogar para previr un mal uso e lugares de referecia para pedir axuda.

Audio

  • Ana González Abelleira, sobre a charla gratuíta a familias e docentes | Descargar mp3

Noticias relacionadas