O Concello ofrece un novo ciclo de animación á lectura e contacontos na biblioteca Isidro Novo para 250 nenos e nenas

Inclúe sete actividades entre este mes e o de abril dentro dunha iniciativa de lecer encamiñada a promover o uso da lingua galega

A exposición da Serie Amarela de Quesada inaugurarase o vindeiro día 22 no Vello Cárcere cun acto no que actuará Uxía Senlle  

Con motivo do día de Rosalía de Castro, o día 24, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e o Concello organizan a lectura dun manifesto xunto ao busto da escritora universal pola poeta e xornalista Ana Romaní e de poemas pola cidadanía

Xoves, 14 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello ofrece un novo ciclo de animación á lectura e contacontos na biblioteca Isidro Novo para 250 nenos e nenas

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves un novo ciclo de animación á lectura e contacontos na biblioteca municipal Isidro Novo no que poderán participar en total 250 nenos e nenas. Inclúe sete actividades gratuítas entre este mes e o de abril, e forma parte do programa Apego que ten como obxectivo promover o uso e lectura da lingua galega entre os máis pequenos.

A  programación é a seguinte:

- Mércores 20 de febreiro, ás 18.30h. O Cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa, por Teatro Calavera. Para maiores de 3 anos. 30 prazas.

-  Xoves 28 de febreiro, ás 18.30h. Onde está o vento? por Animar-T. Para nenos e nenas de 0 a 3 anos. 20 prazas.

- Mércores 6 de marzo, ás 18.30h. Somos iguais, por Raquel Queizás. Para maiores de 3 anos. 40 prazas.

- Mércores 20 de marzo, ás 18.30h. Contos de medo que dan risa, por Pablo Albo. Para maiores de 3 anos. 40 prazas.

- Venres 22 de marzo, ás 17.30h. Contos populares de Xapón e de Galicia, por Vero Rilo e Yoshi Hioki. Para maiores de 3 anos. 40 prazas.

- Xoves 4 de abril, ás 18.30h. As Parábolas de Pakolas, por Pakolas. Para maiores de 3 anos. 40 prazas.

- Martes 23 de abril, Día do Libro, ás 18.30h. Polo Correo do Vento. A Detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas, por Enrique Mauricio e Carlos Taboada, autores da colección. Para maiores de 3 anos. 40 prazas.

A entrada a todas as actividades é gratuíta, pero como a capacidade é limitada, é preciso retirar previamente unha tarxeta de invitación, que estará dispoñible na biblioteca a partir do luns da semana da actuación correspondente. Comezarán a entregarse en horario de tarde, a partir das 16.30h, e por estricta orde de chegada, cun máximo de dúas invitacións por persoa.

A Concelleira de Cultura lembrou que, dentro do programa de Actividades para a Mocidade Activa, o vindeiro 21 de febreiro, de 19.00 a 21.00h. terá lugar unha mesa redonda no Vello Cárcere sobre Neoadiccións. A outra cara do xogo. Xogos on line. Xogos de apostas.

Seria Amarela, no Vello Cárcere

Ademais destas actividades infantís e xuvenís, Carmen Basadre avanzou que o 22 de febreiro, ás 20.00h, terá lugar a inauguración dunha selección da Serie Amarela do artista de prestixio mundial Xaime Quesada, que foi cedida por 5 anos ao Concello para a súa exposición nas celas da segunda planta do Vello Cárcere. É a primeira vez que esta serie en defensa dos dereitos humanos sae fóra da Fundación Xaime Quesada. O acto de inauguración contará coa actuación de Uxía Senlle.

Homenaxe a Rosalía

A edil anunciou tamén que con motivo da conmemoración do 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, terá lugar, xunto ao busto da escritora universal, un acto conmemorativo organizado pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega en colaboración co Concello, que consistirá na lectura dun manifesto pola poeta e xornalista Ana Romaní e a lectura de poemas de Rosalía por parte da cidadanía.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre o de animación á lectura e contacontos | Descargar mp3

Noticias relacionadas